Darío Álvarez Blázquez१12Pt Ue Fo तIiQq२ T up AaFf Vv

Multi tool use
Darío Álvarez Blázquez | |
---|---|
![]() Homenaxe na casa na que residiu en Vigo, no número 9 da rúa Marqués de Valladares. | |
Nacemento | 30 de setembro de 1910. |
Tui. | |
Falecemento | 7 de xuño de 1979 (68 anos) |
Vigo. | |
Nacionalidade | Galega. |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | Médico e escritor |
Pai | Darío Álvarez Limeses |
Nai | María Blázquez Ballester |
Fillos | Darío Álvarez Gándara e Alfonso Álvarez Gándara |
Irmáns | Xosé María Álvarez Blázquez e Emilio Álvarez Blázquez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.
Índice
- 1 Traxectoria
- 2 Obra
- 3 Notas
- 4 Véxase tamén
- 4.1 Bibliografía
- 4.2 Ligazóns externas
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, irmán de Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez, tras estudar en Tui o ensino elemental fixo o bacharelato por libre examinándose en Pontevedra e a carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, acadando a licenciatura en 1932. Posteriormente especializouse en pulmón e corazón no Hospital de San Carlos de Madrid.
Estableceuse como médico en Tui e dende 1933 a 1936 ocupou a praza de tisiólogo no Centro Secundario de Hixiene Rural da Guarda. Tamén foi profesor auxiliar da cátedra de Ciencias Naturais no Instituto de Tui. En 1942 estableceuse a Vigo onde foi médico en Pescanova e outras entidades.
Foi membro do Partido Galeguista e o promotor da creación da agrupación local tudense. Foi detido os primeiros días despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En 1947 foi detido en Vigo xunto a varios profesionais por pertencer a U.I.L. (Unión de Intelectuais Libres), e en 1974, foi fundador da Xunta Democrática de Vigo e de Galicia. Neste anos fundou tamén o Movemento Socialista de Galicia que máis tarde se fusionaría co Partido Socialista Galego, abandonando o partido en 1977.
Obra[editar | editar a fonte]

Colaborou en numerosos periódicos e revistas: Galicia Emigrante, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Papeles de Son Armadans, Jornal de Noticias. Escribiu dúas novelas en castelán: O fracaso de Clayton (1938, traducida ao galego en 1994) e A las cinco en punto (1939) asinadas co pseudónimo de Lázaro Evia.
A súa tese doutoral (1960) está dedicada a Francisco Sánchez e en 1964 publicou o libro Francisco Sánchez, “El escéptico”. Un gallego precursor. Tamén publicou traballos sobre a época de guerra civil na comarca do Baixo Miño: "Historias de la retaguardia nacionalista" na revista Historia y vida (1975), e unha serie de artigos en La Voz de Galicia titulados "Historias de fuxidos".
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Real Academia Galega. Boletín n.º 369, 2008, p. 220
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Darío Álvarez Blázquez |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Apuntes para unha biografía de Darío Álvarez Blázquez" Tudensia, 3/11/2010.
- Darío Álvarez Blázquez en Nomes e Voces.
|
|